Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OTAN pide a Putin a fin "inmediata" da guerra en Ucraína

A OTAN pide a Putin a fin "inmediata" da guerra en Ucraína

Biden di que a OTAN volveuse "máis forte e unida" e anuncia 800 millóns de dólares de axuda adicional a Ucraína

A OTAN aproba a súa nova estratexia fronte aos desafíos da próxima década

Acompañantes dos líderes mundiais presentes no cumio visitan o Teatro Real

G24.gal 30/06/2022 10:40 Última actualización 30/06/2022 21:14

O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, instou este xoves o presidente ruso, Vladimir Putin, a "poñer fin inmediatamente" á guerra iniciada por Rusia en Ucraína.

"O presidente Putin debería retirar as súas forzas e poñer fin a esta guerra inmediatamente, detendo o ataque a unha nación democrática e soberana que causa tanto sufrimento en Ucraína", indicou Stoltenberg nunha conferencia de prensa ao termo do cumio da Alianza en Madrid. 

Stoltenberg afirmou que “a guerra brutal do presidente Putin en Ucraína é absolutamente inaceptable e está a causar moita morte e dano para o pobo ucraíno”, á vez que “ten ramificacións para todo o mundo, polo incremento nos prezos dos alimentos”.

Ao termo de dous días de reunión dos xefes de Estado e de Goberno aliados, Stoltenberg deixou claro que “esta crise alimentaria non a causou as sancións da OTAN, senón a guerra de Putin”.

Stoltenberg recoñeceu que a situación pode “ir a peor, porque se isto se converte nunha guerra a gran escala entre Rusia e a OTAN, entón veremos sufrimento, danos, morte, destrución a unha escala que sería moito peor do que vemos en Ucraína hoxe”.

“A OTAN ten dúas tarefas: unha é proporcionar apoio a Ucraína; os aliados da OTAN dan un apoio sen precedentes a Ucraína, estamos a aceleralo e acordamos un paquete neste cume; pero tamén temos unha responsabilidade fundamental de evitar unha escalada máis aló de Ucraína”, comentou.

Por esa razón, asegurou, a OTAN non é parte do conflito sobre o terreo: “apoiamos a un socio altamente valorado como Ucraína, pero non somos parte do conflito”, recalcou.

Por iso, neste cumio os aliados decidiron incrementar a presenza militar no leste de Europa, “para non deixar espazo a confusións ou erros de cálculo en Moscova sobre a nosa disposición para protexer cada centímetro do territorio da OTAN”.

“Asegurarnos de que non haxa ningún equívoco na mente de ningún adversario se fan algo como o que Rusia fixo a Xeorxia en 2008 ou a Ucraína agora”, apuntou.

Preguntado polas ameazas de Moscova tras convidar a Alianza a Suecia e Finlandia a unirse ao club transatlántico, deixou claro que “estamos dispostos a protexer a todos os aliados, por suposto tamén a Finlandia e Suecia (unha vez se ratifique a súa adhesión), e estamos preparados para todas as eventualidades”.

Biden di que a OTAN volveuse "máis forte e unida"

O presidente de Estados Unidos, Joe Biden, afirmou este xoves que a OTAN se volveuse máis forte e máis unida, en resposta á invasión rusa de Ucraína e tras o cumiol da Alianza en Madrid.

Biden explicou que no pasado díxolle ao seu homólogo ruso, Vladímir Putin, que os aliados ían unirse máis e ser máis fortes, e "iso é o que pasou".

Biden tamén asegurou que o seu país está a unir ao mundo para permanecer xunto a Ucraína, en resposta á invasión rusa.

O presidente dos Estados Unidos adiantou ademais que anunciará 800 millóns de dólares en axuda adicional en armas para Ucraína a próxima semana.

O mandatario apuntou que o seu Goberno e os aliados axudarán a Ucraína o tempo que sexa necesario. 

A fronte sur e o terrorismo

Os líderes da OTAN centraron os debates este xoves, no seu segundo e último día de cumio en Madrid, nas ameazas que chegan desde o flanco sur da Alianza e, máis en particular, a terrorista, despois de aprobar unha nova estratexia para a próxima década que recoñece a Rusia como o principal problema para a súa seguridade.

"Hoxe debateremos os desafíos na nosa veciñanza sur e a loita contra o terrorismo. Oriente Medio, o norte de África e a rexión do Sahel afrontan desafíos de seguridade, demográficos, económicos e políticos interconectados, agravados polo impacto do cambio climático e a inseguridade alimentaria causada pola guerra de Rusia en Ucraína", asegurou o secretario xeral da OTAN Jens Stoltenberg ao comezo da reunión.

Fondo de innovación

Antes de iniciar a súa sesión de traballo do Consello do Atlántico Norte, tivo lugar a firma da Carta de compromiso do fondo de innovación da OTAN.

A Alianza vai contar con 1.000 millóns de euros para un fondo de capital risco para apoiar empresas emerxentes que participen en que a Alianza permaneza na vangarda tecnolóxica.

Na sinatura do acordo, do que participan 22 dos aliados, entre eles España, o secretario xeral, Jens Stoltenberg, alertou de que Rusia e A China "desafían" o liderado tecnolóxico en áreas como o espazo ou a intelixencia artificial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade