Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez, Feijóo e Aragonès acoden ao peche da campaña vasca

Sánchez, Feijóo e Aragonès acoden ao peche da campaña vasca

PNV e PSE-EE centran a súa estratexia en criticar a EH Bildu, favorito nas enquisas

O PP cualifica os jetzales e os socialistas de "fariseos" por atacar Bildu durante a campaña e pactar con eles na lexislatura

G24.gal 19/04/2024 14:31

Nunca antes houbera tanta incerteza sobre os resultados. Os indecisos superan o 20 % e, segundo as enquisas, o PNV podería perder, por primeira vez, as eleccións ante un EH Bildu en tendencia ascendente.

Ante a ameaza, PNV e PSE-EE, que aspiran a repetir a actual coalición, concentran as súas críticas en EH Bildu, por seguir sen condenar o terrorismo da ETA.

Joseba Díez, cabeza de lista do PNV por Áraba, asegura que o seu partido "fala claro e vai de fronte, e iso tamén significa chamar as cousas polo seu nome: dende logo, ETA foi terrorismo".

Pola súa banda, Denis Itxaso, cabeza de lista do PSE-EE por Guipúscoa, cre que os de Bildu "vístense de esquerdas pero, realmente, o que acaba pesando na súa estratexia política é o conflito eterno, soberanista, con Madrid, para non se sabe que estatus".

O PP cualifica a estratexia dos socialistas e dos jetzales de burla. Segundo Alberto Núñez Feijóo,  "os nacionalistas e os socialistas utilizan o espantallo de Bildu, durante a lexislatura pactan con eles, e nas eleccións critícanos". O presidente dos populares considera que "o pobo vasco non pode premiar ese fariseísmo".

O líder do PP volverá arroupar o seu candidato a lehendakari esta tarde. Tamén acudirá o do PSOE. Pedro Sánchez compartía acto esta mañá en Barcelona con Pere Aragonès. Pola tarde, estarán os dous en Bilbao. O socialista pechando a campaña do PSE-EE e o de ERC, a de EH Bildu. Tamén estarán a líder de Podemos, Ione Belarra, e o de Vox, Santiago Abascal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar