Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez avanza que tamén pedirá ao Congreso o envío de tropas a Palestina chegado o momento

Sánchez avanza que tamén pedirá ao Congreso o envío de tropas a Palestina chegado o momento

O presidente referiuse á intención do Goberno de participar na eventual forza internacional en Ucraína na Conferencia de Embaixadores 

Sánchez garante que España axudará a que os venezolanos, non os EUA, decidan o seu futuro

O presidente do Goberno, na apertura da Conferencia de Embaixadores (EFE/Zipi Aragón)
G24.gal 08/01/2026 10:36 Última actualización 08/01/2026 11:51

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, avanzou este xoves que pedirá a aprobación do Congreso dos Deputados ao envío de tropas para unha eventual forza de paz en Palestina unha vez se poña fin ao conflito en Oriente Próximo.

Así o indicou durante a inauguración da Conferencia de Embaixadores na sede do Ministerio de Asuntos Exteriores, tras referirse á intención do Goberno de participar na eventual forza internacional en Ucraína unha vez se alcance un cesamento do fogo con Rusia.

"Iso é o que propoñerei ao Congreso como tamén propoñerei ao Congreso, cando esa oportunidade se produza, o que podamos despregar tropas de paz en Palestina" unha vez se avance na pacificación e que nun futuro, que confiou sexa "inmediato", se produza "o recoñecemento dos dous estados entre Israel e Palestina".

Sánchez insistiu en que "a situación segue sendo intolerable" en Gaza e deixou claro que "a paz non pode ser unha paréntese nunha terra martirizada pola guerra".

"A paz esixe aplicar dunha vez por todas esa solución de dous estados" así como a entrada de axuda humanitaria e o cumprimento do cesamento do fogo alcanzado polas partes e que, segundo dixo, Israel está a violar.

O presidente do Goberno insistiu en que "un Estado de Palestina independente, viable, seguro, será a solución para a estabilización e para o desenvolvemento e o progreso dunha importante rexión, tamén desde o punto de vista xeopolítico e xeostratéxico, para o noso continente e para o noso país".

Sánchez garante que España axudará a que os venezolanos, non os EUA, decidan o seu futuro

O presidente do Goberno garantiu este xoves que España axudará a unha transición democrática en Venezuela e a que o futuro deste país sexa o que decidan os venezolanos e non, en referencia aos Estados Unidos, "un país estranxeiro nin intereses alleos".

Sánchez volveuse a referir á situación en Venezuela na Conferencia de Embaixadores.

O xefe do Executivo reiterou que a intervención dos Estados Unidos en Venezuela "viola claramente o Dereito Internacional" e abre un horizonte de incerteza en América Latina e o Caribe.

Nesa condena da operación dos Estados Unidos sinalou que non caben "mornezas nin medias tintas", como dixo que tampouco as houbo cando se rexeitou a ilexitimidade da vitoria de Nicolás Maduro tras as últimas eleccións no país.

"A violación do Dereito Internacional sempre é unha derrota, fundamentalmente para as democracias, mesmo alí onde non a hai, e é un perigoso precedente para a paz e ao seguridade global", engadiu.

Por iso, repetiu, como xa dixo o pasado martes en rolda de prensa en París, que a resposta á ilexitimidade non pode ser cometer unha ilegalidade.

O presidente do Goberno garantiu que España seguirá facendo todo o necesario en defensa do pobo venezolano, da súa soberanía e do seu dereito para decidir un futuro democrático sen inxerencias externas.

"Quen ten que decidir o futuro de Venezuela son os venezolanos, e iso é o que defenderá España cando esa transición se poña en marcha", recalcou.

Nesa liña, pediu que ninguén dubide a actitude que vai manter España.

"Imos axudar; imos axudar positivamente á transición á democracia en Venezuela, e ímolo facer de forma activa, desde o valor que nos outorga a experiencia histórica do noso país para que o futuro de Venezuela sexa o que decidan os venezolanos, non un país estranxeiro, non intereses alleos", sinalou en referencia aos Estados Unidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade