Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump asegura que iniciarán ataques terrestres contra os cárteles que "están dirixindo" México

Trump asegura que iniciarán ataques terrestres contra os cárteles que "están dirixindo" México

O presidente dos Estados Unidos asegura nunha entrevista coa canle Fox News que van "empezar a atacar en terra no que se refire aos cárteles"

Trump non entrou en máis detalle e limitouse a dicir que os "cárteles están dirixindo México" e que "é moi triste de ver de decatarse do que pasou nese país"

 

G24.gal 09/01/2026 05:05 Última actualización 09/01/2026 08:10

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegurou este xoves que o seu país está por iniciar ataques "en terra" contra os carteis do narcotráfico, que segundo afirmou "están a dirixir México".

"Imos empezar a atacar en terra no que se refire aos carteis", asegurou Trump nunha entrevista coa cadea Fox News. As súas declaracións prodúcense menos dunha semana despois de que Washington executase un dispositivo para capturar en Venezuela ao presidente Nicolás Maduro e traelo ante un Tribunal Federal en Nova York para xulgalo por "narcoterrorismo".

"Os cárteles están a dirixir México. É moi moi triste de ver e darse conta do que pasou nese país. Pero os carteis están a dirixilo e están a matar a 250.000 ó 300.000 persoas no noso país cada ano", engadiu o republicano na entrevista emitida hoxe.

Desde o inicio do seu segundo mandato, Trump dixo que combaterá con man dura o tráfico de estupefacientes, especialmente o de fentanilo procedente de México e ofreceuse a enviar ao exército estadounidense para atacar ao narcotráfico.

A presidenta mexicana, Claudia Sheinbaum, declinou estas propostas argumentando que México é un país soberano e que o seu Executivo aposta por unha solución pacífica.

O pasado domingo Trump encomiou á súa homóloga mexicana pero considerou que a mandataria "está preocupada" e "ten un pouco de medo sobre os carteis controlando México". "Hai que facer algo con México. México ten que organizarse, porque se están filtrando (os estupefacientes) desde México. E imos ter que facer algo. Encantaríanos que México o fixese. Son capaces de facelo, pero desafortunadamente, os carteis son moi fortes en México", dixo o magnate neoiorquino un día despois da operación para apresar a Maduro.

Trump e o seu Gabinete insistiron nos últimos días en que Washington non dubidará en usar o seu poderío militar para defender a súa seguridade nacional, a cal considera ameazada polos cárteles mexicanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade