Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez: "O que a fai, págaa. Así foi durante estes últimos seis anos"

Pedro Sánchez: "O que a fai, págaa. Así foi durante estes últimos seis anos"

Díxoo no cumio da Internacional Socialista en alusión ao caso de Koldo García, que afecta o exministro Ábalos

Insistiu en que hai que manterse firme ante os posibles abusos "sexan da cor que sexan"

G24.gal 24/02/2024 13:52 Última actualización 24/02/2024 14:49

Pedro Sánchez interviu este sábado no cumio da Internacional Socialista cun caso molesto no retrovisor, o protagonizado por Koldo García e que fixa a atención mediática e política no exministro Ábalos. O líder do PSOE optou pola contundencia e asegurou que haberá colaboración absoluta coa xustiza, lembrando a orixe do seu Goberno.

"Un Goberno que naceu da necesidade de acabar coa corrupción da anterior administración do Goberno do Partido Popular. E quero ademais reafirmarme en que esa loita contra a corrupción ten que ser implacable, veña de onde veña e caia quen caia".

Como colofón, unha mensaxe para hipotéticos destinatarios.

"Transparencia absoluta hoxe e o que a fai, págaa. Así foi durante estes últimos seis anos".

Tamén se referiu aos conflitos internacionais. Reiterou o pedimento de dous Estados para Israel e Palestina e non aforrou críticas a Putin no segundo aniversario da guerra de Ucraína.

"O soño imperialista que non só arrasa un país, senón que afecta de cheo á estabilidade e á paz do conxunto do planeta. A comunidade internacional non pode abandonar á sua sorte a Ucraína".

Finalmente, reivindicou unha socialdemocracia comprometida cos dereitos civís, a revolución feminista, a ecoloxía e a dignidade laboral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade