Sánchez aposta pola continuidade con Montero e Cerdán á fronte do PSOE
Sánchez aposta pola continuidade con Montero e Cerdán á fronte do PSOE
O presidente do Goberno e secretario xeral do partido saca adiante a súa nova Executiva con máis do 90 % dos apoios
O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, conseguiu máis do 90 % dos apoios no 41 Congreso Federal do partido para ratificar a súa nova Executiva, que pasa de 49 a 54 membros e incorpora 16 caras novas.
Sánchez mantén a María Jesús Montero como vicesecretaria xeral, a Santos Cerdán como secretario de organización e boa parte dos seus ministros: Félix Bolaños, Óscar Puente, Pilar Alegría, Elma Saiz, Jordi Hereu e Isabel Rodríguez.
A continuidade de Cerdán supón unha mensaxe significativa por parte do secretario xeral, posto que se trata dun dos dirixentes da formación suxeitos a acusacións de corrupción no caso Koldo.
O suposto comisionista desta trama, o empresario Víctor de Aldama, acusouno de recibir subornos, algo que el negou rotundamente, do mesmo xeito que negan calquera ilegalidade o resto de dirixentes sobre os que penden sospeitas de corrupción, das que o PSOE se defende atribuíndoas a unha campaña de loiadas e mentiras alentada desde a dereita.
Deste xeito, Pedro Sánchez reafirma a súa confianza na inocencia de Cerdán, cuxo peso no partido foi moi relevante nesta etapa do socialismo, obrigada a complicadas negociacións, sobre todo co independentismo catalán, en busca dunha estabilidade que o Goberno de coalición necesita para sacar adiante o seu proxecto.
Tamén é fundamental o labor da vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, nas conversacións cos socios do Goberno, agora envorcadas en lograr apoio aos orzamentos xerais para o próximo ano, unha vez que logrou sacar adiante, non sen dificultades, o chamado "paquete fiscal".
Dos integrantes do consello de ministros non continúan a titular de Igualdade, Ana Redondo, nin a ministra de Ciencia, Diana Morant, nova secretaria xeral do PSOE na Comunidade Valenciana. Tampouco está na nova dirección Teresa Ribera, que será designada nova vicepresidenta executiva da Comisión Europea.
Nomes novos
A executiva elixida por Sánchez conta con 17 nomes novos. A delegada do Goberno na Comunidade Valenciana, Pilar Bernabé, será a nova secretaria de Igualdade, e o deputado por Alacante, Alejandro Soler Mur, secretario de Política Municipal.
Sánchez crea unha nova Secretaría de Municipios do Litoral na que sitúa a Anabel Mateos, de Almería. En Comercio e Consumo coloca a Nora Abete, membro da dirección do PSE-EE. O novo secretario de Ciencia, Innovación e Universidades será, Javier Alfonso Cendón, deputado por León e moi próximo a Cerdán.
A nova secretaria de Turismo é Aroa Jilete, tamén dos socialistas vascos e Enma López, concelleira no Concello de Madrid e integrante do comité organizador do congreso federal será a nova secretaria de Política Económica e Transformación Dixital.
Ademais, a nova secretaria de Educación e Formación Profesional é Ana María Fernández Rodríguez, do PSOE de Badaxoz, mentres que o secretario de Acción Democrática e Transparencia vai ser Borja Cabezón, tamén do PSOE-M. Así mesmo, Manuela Berges, alcaldesa de Pedrola (Zaragoza) ocupará a área de Políticas Sociais, Maiores e Movementos Sociais.
Sánchez tamén elixiu a Kilian Sánchez, senador por Tenerife, como novo secretario de Sanidade e Consumo e a César Mogo, senador por Lugo, secretario do PSOE Exterior.
Finalmente incorpóranse como novos vogais Eugenia Gómez (Cantabria), a exalcaldesa de Toledo, Milagros Tolón, a alcaldesa da Vall d'Uixó, Tania Baños, o alcalde de Cártama (Málaga), Jorge Gallardo e María Soledad Sánchez Jódar.
Abandonan a dirección
Pola contra, abandonan a dirección do PSOE Marisol Mateos, Idoia Mendía, Patricia Blanquer, Pedro Casares, Luz Martínez Seijo, María Nieves Ramírez, Amparo Marco Gual, Carolina Darias e Pilar Cancela.
A nova Executiva
Estes son os nomes dos 49 membros natos da comisión executiva federal do PSOE:
- Presidenta: Cristina Narbona Ruíz.
- Secretario Xeral: Pedro Sánchez Castejón.
- Vicesecretaria xeral: María Jesús Montero Cuadrado.
- Secretario de Organización: Santos Cerdán León.
- Secretaria de Igualdade: Pilar Bernabé García.
- Portavoz: Esther Peña Camarero
- Secretario de Política Institucional e Formación: Alfonso R. De Celis.
- Secretario de Política Autonómica: Guillermo Fernández Vara
- Secretario de Política Municipal: Alejandro Soler Mur
- Secretaria de Municipio do Litoral: Anabel Mateos.
- Secretario de Acción Electoral e Análise: Francisco Salazar Rodríguez.
- Secretaria de Política Internacional e Cooperación: Hana Jalloul Muro.
- Secretario de Cidades e Áreas Metropolitanas: Francisco Javier Ayala Ortega.
- Secretaria de Medio Rural: Elisa Garrido Jiménez.
- Secretario de Estudos e Programas: Javier Izquierdo Roncero.
- Secretario adxunto de Organización: Juan Francisco Serrano.
- Secretaria de Vivenda: Isabel Rodríguez García.
- Secretario de Transportes e Mobilidade Sostible: Arcadi España García.
- Secretaria de Unión Europea: Iratxe García Pérez.
- Secretario de Xustiza: Félix Bolaños García.
- Secretario de Reforma Constitucional e Novos Dereitos: Paco Lucas
- Secretario de Industria: Jordi Hereu i Boher.
- Secretaria de Comercio e Consumo: Nora Abete García
- Secretario de Ciencia, Innovación e Universidades: Javier Alfonso Cendón.
- Secretaria de Turismo: Aroa Jilete González.
- Secretaria de Transición Xusta: Marc Pons Pons.
- Secretaria de Política Económica e Transformación Dixital: Enma López Araújo
- Secretaria de Cultura e Deporte: Manuela Villa Acosta.
- Secretario do Pacto de Toledo e a Inclusión Social: Iván Fernández García.
- Secretaria de Traballo, Economía Social e Autónomos: Montse Mínguez García
- Secretaria de Educación e Formación Profesional: Ana Mª. Fernández Rodríguez
- Secretario de Memoria Democrática e Laicidade: Manuel García Salgado.
- Secretaria de Políticas Sociais, Maiores e Movementos Sociais: Manuela Berges Barreras.
- Secretario de Acción Democrática e Transparencia: Borja Cabezón.
- Secretario de Sanidade e Consumo: Kilian Sánchez Sanjuán.
- Secretaria de Emprendemento e Impacto Social: Elma Saiz Delgado.
- Secretaria de Agricultura, Gandería e Pesca: Ana María Romero Obrero
- Secretario LGTBI: Víctor Gutiérrez Santiago
- Secretario de Políticas Migratorias e Refuxiados: Luc André Diouf Dioh.
- Secretario de PSOE Exterior: César Mogo.
- Vogal: Eugenia Gómez de Diego.
- Vogal: Óscar Puente Santiago.
- Vogal: Pilar Alegría Continente.
- Vogal: Milagros Tolón Jaime.
- Vogal: Tania Baños Martos.
- Vogal: Jorge Gallardo Gandulla.
- Vogal: Sabrina Moh Abdelkader.
- Vogal: Abel Caballero Álvarez.
- Vogal: M.ª Jesús Sánchez Jódar.