Publicador de contidos

Publicador de contidos

Onde vai parar o diñeiro que tiramos á Fontana de Trevi?

Onde vai parar o diñeiro que tiramos á Fontana de Trevi?

A famosa fonte romana recada uns 4.000 euros diarios, arredor de millón e medio por ano

G24.gal 13/02/2023 15:58

Imos ata Italia para ver como monumentos históricos como a Fontana di Trevi se poden converter nunha vía de axuda paras as persoas máis desfavorecidas.

Si, moita xente que pasa por Roma non resiste a tentación de tirar moedas á fonte aínda que poucos saben o motivo de esta tradición. Naceu nos anos 50 logo dunha película inspirada nunha novela onde as tres mulleres protagonistas, para volver a Roma e atopar parella, tiran unha moeda á Fontana de costas a ela.

O poder do cine fixo que ese xesto se convertese no que hoxe diriamos viral, se se pode dicir, e desde entón, son miles de persoas as que o repiten.

Tantas, que as autoridades calculan que a recadación anual da fonte oscila entre o millón e millón e medio de euros, uns 3.000 ou 4.000 euros ao día.

Por iso, normalmente esta fonte está estritamente vixiada pola policía. E a onde van todos estes cartos? Pois a Cáritas. E deste xeito o turismo tamén axuda a que os máis desfavorecidos se beneficien dun simple xesto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade