Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez rexeita substituír a Generalitat Valenciana na xestión da DINA "por eficacia"

Sánchez rexeita substituír a Generalitat Valenciana na xestión da DINA "por eficacia"

"Nós non imos entrar no debate de quítate ti para poñerme eu", asegurou o presidente do Goberno, que pospuxo "o debate político sobre as nexlixencias que se puideron cometer"

Sobre os disturbios durante a visita a Paiporta di que "é moi fácil diferenciar entre as persoas que manifestaban de forma lexítima a súa frustración dos grupos ultras perfectamente organizados"

O 98 % dos fogares afectados pola DINA recupera a subministración eléctrica

Comparencia do presidente do Goberno na Moncloa (EFE/ Mariscal)
G24.gal 05/11/2024 13:08

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, defendeu que siga sendo a Generalitat Valenciana a que xestione toda a operación de emerxencia tras a DINA por unha cuestión de eficacia, pero tamén por respecto ás institucións e por responsabilidade, asegurando que xa chegará o momento do debate político sobre eventuais neglixencias.

"O Goberno nesta crise entende que non hai minuto que perder, cada segundo é ouro e, polo tanto, entrar nunha situación de substitución" da Generalitat "sería restar eficacia á acción e a resposta dos poderes públicos", sostivo en conferencia de prensa tras o Consello de Ministros no que se aprobou todo un paquete de medidas para axudar as zonas afectadas.

Sánchez tamén se escudou no necesario respecto ao labor excepcional que están a realizar os servidores públicos autonómicos, das deputacións provinciais e dos concellos para facer fronte á emerxencia, subliñando que "todos somos Estado", e na súa responsabilidade de exercer as súas competencias e axudar ao resto de administracións a cumprir coas súas.

"Nós non imos entrar no debate de quítate ti para poñerme eu", asegurou o presidente do Goberno, que considerou que "o debate político sobre as neglixencias que se puideron cometer, os erros, as melloras que teñamos que facer no noso sistema de protección civil xa virán".

Sánchez distingue entre a frustración lexítima e os ultras nos incidentes de Paiporta

O presidente do Goberno asegurou que se atopa ben tras os incidentes ocorridos en Paiporta  o pasado domingo, e remarcou que era moi fácil diferenciar entre as persoas que manifestaban de forma lexítima a súa frustración "dos grupos ultras perfectamente organizados".

Segundo o presidente, nas imaxes desa visita cos reis e o presidente Mazón é moi fácil diferenciar as persoas que manifestaban a súa ira dunha forma lexítima pola súa frustración, dos outros, "grupos ultras perfectamente organizados que ían tratar de facer ao maior dano posible" á comitiva.

Sánchez, tras agradecer as mostras de solidariedade que recibiu, reiterou que sucesos como este non desviarán a atención fundamental, que é cara aos cidadáns que foron vítimas da dana: "Estamos ao que estamos", sinalou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos