Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez anuncia a terceira dose para maiores de 60 anos e persoal sociosanitario

Sánchez anuncia a terceira dose para maiores de 60 anos e persoal sociosanitario

O acordo acadouse no Relatorio de Vacinas e agora terá que ser ratificado no Consello Interterritorial de Saúde

España xa conta co 88 por cento da poboación maior de doce anos inmunizada

G24.gal 17/11/2021 18:07

Pedro Sánchez anunciou a terceira dose para os maiores de 60 anos e tamén para o persoal sociosanitario. Así o explicou nunha conferencia de prensa en Ankara, onde participa nun cumio co seu homólogo turco.

O acordo acadouse no Relatorio de Vacinas e agora terá que ser ratificado no Consello Interterritorial de Saúde, formado polo Ministerio de Sanidade e as comunidades.

O presidente do Goberno apostou por continuar cunha vacinación sen pausa, nun momento en que España superou o 88 por cento da poboación maior de doce anos inmunizada.

Sánchez amosouse convencido de que España está en boas condicións para afrontar unha nova vaga da pandemia como a que está chegando a outros países europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade