Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia prohibirá a "propaganda LGBTQ+" con multas de ata 160.000 euros

Rusia prohibirá a "propaganda LGBTQ+" con multas de ata 160.000 euros

"Será sancionada calquera propaganda de relacións sexuais non tradicionais", comunicou a Duma tras aprobaran a norma, que debe ser ratificada agora polo Senado

G24.gal 24/11/2022 11:18

A Duma do Estado ou cámara baixa de Rusia adoptou hoxe unha lei que prohibe a "propaganda de relacións sexuais non tradicionais", a pedofilia e a reatribución de xénero nos medios de comunicación, Internet, a publicidade, a literatura e o cinema, e introduce multas de ata 10 millóns de rublos (160.500 euros) por violar a lexislación.

"Será sancionada calquera propaganda de relacións sexuais non tradicionais. Tamén se introduciu unha prohibición á promoción da pedofilia e o cambio de sexo", informou a Duma nun comunicado tras adoptar en terceira e última lectura a lei.

A lexislación supón un importante endurecemento da lei actual, xa que amplía a prohibición de "propaganda LGBTQ+" entre menores aos adultos

O proxecto de lei foi duramente criticada por asociacións LGBTQ+ e organizacións de defensa dos dereitos humanos como Amnistía Internacional (AI), que xa sinalou que a lexislación emendada aumentará a homofobia co permiso do Estado ruso e que alcanzará un nivel completamente novo.

Uns 400 deputados participaron na redacción da lei xustificada hoxe pola Cámara Baixa como unha "solución que protexerá aos nosos nenos, o futuro do país, da escuridade que se estende polos EUA e os Estados europeos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos