Rusia expulsa dous diplomáticos dos Estados Unidos por "actividades ilegais"
Rusia expulsa dous diplomáticos dos Estados Unidos por "actividades ilegais"
Mosocova acusa estas dúas persoas de manter contactos cun cidadán ruso acusado de "cooperación confidencial" con país estranxeiro

Rusia declarou este xoves "persona non grata" dous diplomáticos estadounidenses por "actividades ilegais" e deulles sete días de prazo para abandonar o país, segundo informou o Ministerio de Exteriores nun comunicado.
A decisión foi comunicada á embaixadora estadounidense en Moscova, Lynne Tracy, quen foi citada á sede da Chancelería rusa, agrega a nota.
Os diplomáticos afectados son o primeiro e o segundo secretario da legación, que manterían contactos cun cidadán ruso acusado de "cooperación confidencial" con país estranxeiro, que "realizaba tarefas remuneradas" que danaban a seguridade de Rusia.
Moscova salientou que as "actividades ilegais" da embaixada estadounidense, incluída a "inxerencia en asuntos internos" de Rusia, son inaceptables e serán abortadas de forma rotunda.
"A parte rusa confía en que Washington sacará as conclusións necesarias e evitará dar pasos cara á confrontación", conclúe o comunicado.