Rueda en Fitur: "Oliver Laxe é o mellor expoñente de Galicia Calidade"
Carolina Iglesias e Patricia Pardo foron outros rostros elixidos para presentar a campaña
Rueda vaticina "un ano espectacular" para o turismo en Galicia
O presidente da Xunta, Alfondo Rueda, vaticinou este venres que o 2026 será "un ano espectacular" para o turismo, no que a rexión "vai seguir crecendo con sentidiño", e chamou a non obsesionarse "co número" cunha oferta abandeirada pola marca Galicia Calidade, que a Administración galega volve recuperar para a promoción turística da comunidade.
O acto que tivo como protagonista ao cineasta Oliver Laxe no día despois de ser nomeado candidato aos premios Oscar nas categorías de mellor película internacional e de mellor son. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo que é o mellor expoñente desa marca Galicia Calidade.
E é que o director de cinema Oliver Laxe, a cómica Carolina Iglesias e a presentadora Patricia Pardo foron os rostros elixidos pola Xunta de Galicia para presentar este venres na Feira Internacional do Turismo (FITUR) a nova campaña.
Rueda participou na presentación do expositor de Galicia na feira, unha caseta premiada por Ifema como mellor expositor dunha comunidade autónoma, con máis de 1.100 metros cadrados.
"E como todas as cousas que funcionan ben, ás veces sen saber moi ben por que, vas acantoando e probas outras cousas novas que boh, están ben, pero esqueces do que estaba a funcionar", explicou sobre a recuperación de Galicia Calidade, que destaca innovación, turismo, gastronomía e todo o que representa a rexión.
Apuntou Rueda, citando a intervención de Laxe no acto, á "dispoñibilidade" de Galicia para atender os seus visitantes "dándolle a importancia que a xente ten, sexa quen sexa", dixo, para remarcar unha oferta de calidade "sen obsesionarnos co número".
O presidente da Xunta insistiu na calidade como principal baza da oferta turística de Galicia para que os viaxeiros coñezan a rexión "durante todo o ano" e lugares que "aínda están por descubrir" en máis de 1.300 quilómetros de litoral.
Debullou fitos do que será o 2026 para o turismo na rexión, con eventos especiais como a eclipse solar do 12 de agosto.
Tamén eloxiou o traballo de Oliver Laxe, ao que definiu como "un galego de pura raza", porque "nos fai sentirnos moi orgullosos" coa "dimensión mundial que supón o que está a facer".
Nun acto desde a caseta de Galicia, o nomeado aos premios Óscar coa película Sirat e a cómica Carolina Iglesias mantiveron unha conversación reivindicando os "talentos" galegos e poñendo en valor as bondades da rexión.
Oliver Laxe quixo definir a Galicia como "raíz, paz, equilibrio e harmonía" e explicou que a decisión "máis importante" da súa vida foi comprar a casa da súa avoa na rexión: "Non podo facer o que fago se non é por Galicia".
A encargada de dirixir o acto foi a presentadora Patricia Pardo, que eloxiou a campaña Galicia Calidade, agradecendo á Xunta en convertelo "nunha marca de país", convidando os turistas a acudir á rexión e enumerando diversas anécdotas.
"O orgullo galego non é excluínte, queremos presumir da nosa terra, pero abrila ao mundo", proclamou.