Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda subliña que España e Galicia "xogan moitísimo nestes comicios"

Rueda subliña que España e Galicia "xogan moitísimo nestes comicios"

G24.gal 09/06/2024 14:48

O presidente da XuntaAlfonso Rueda, votou sobre as 11:30 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra.

Acompañado pola súa familia e os candidatos populares ás europeas, Francisco Millán Mon Adrián Vázquez, celebrou que a xornada se estea a desenvolver "con normalidade". Salientou a importancia de participar nestes comicios que, segundo dixo, servirán para decidir "o futuro" do continente, do país e da comunidade e insistiu en que "España e Galicia xogan moitísimo".

O mandatario asegurou que vai pasar o día na cidade do Lérez e, pola noite, seguirá o escrutinio dende a sede do PPdeG en Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar