Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta alerta dunha seca preocupante e pide medidas aos concellos

A Xunta alerta dunha seca preocupante e pide medidas aos concellos

As concas do Lérez e Anllóns e o subsistema de Zamáns-Baiona están en risco de desabastecemento á poboación

O Goberno galego lembra que dende o 2017 os concellos teñen axudas para facer plans de emerxencia de seca

 

O Miño ao seu paso por Portomarín
G24.gal 09/08/2022 13:24 Última actualización 09/08/2022 14:26

A Xunta avisa de que a situación pola seca en Galicia é "preocupante".  O presidente Alfonso Rueda fixo este martes un chamamento aos concellos para que fagan un uso responsable da auga.

Agora mesmo, das que dependen da Xunta, as concas do Lérez e Anllóns e o subsistema de Zamáns-Baiona están en risco de desabastecemento á poboación. O Goberno galego lembra que dende o 2017 os concellos teñen axudas para facer plans de emerxencia de seca.

"Hai que adoptar medidas de consumo responsable. Os concellos, que son os responsables dos abastecementos, teñen todas as posibilidades de non utilización de auga en baldeos, ornamentais, piscinas... Son medidas que hai que tomar para evitar situacións moito peores", defendeu Rueda.

O presidente facía estas declaracións tras visitar as obras da senda peonil que vai unir os concellos de Cambados, Vilanova, Vilagarcía e a Illa de Arousa, que suman 70.000 habitantes

A conca Miño-Sil está ao 50,5% da súa capacidade e de Galicia Costa ao 62%. 

 

Encoro de Baíña, en Baiona
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos