Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pide ao sector privado "implicación" na fundación para atraer investigadores

Rueda pide ao sector privado "implicación" na fundación para atraer investigadores

Os centros da Rede CIGUS celebraron este martes unha xornada para facer "apoloxía da ciencia feita en Galicia"

G24.gal 11/02/2025 14:42

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pídelle ao sector privado que "se implique" na fundación que a administración galega vai poñer en marcha este ano para reter e atraer investigadores. Díxoo no acto que organizou este martes o Goberno galego para recoñecer a "excelencia" dos centros da Rede CIGUS (Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia).

O CIGUS está formado por dez centros, que hoxe fixeron "apoloxía da ciencia feita en Galicia", que estudan como mellorar a vida ou a competitividade das nosas empresas, dende a investigación dos océanos ou a biomedicina ata a ciberseguridade. Neste acto, o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, pediu para estes centros un financiamento estrutural, con maior participación do sector privado.

Demanda que comparte o presidente Alfonso Rueda, que insta as empresas a apoiar a fundación para atraer talento que vai crear a Xunta este 2025, e que é unha das medidas do plan galego de I+D, no que a Xunta vai investir 1.310 millóns de euros nos próximos tres anos. "Ten que implicarse nesta fundación para estar á altura no mundo tan competitivo que é atraer talento de fóra", dixo o presidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade