Rueda di que O Gran Camiño é unha oportunidade para promocionar Galicia e o deporte
O presidente da Xunta percorreu en bicicleta a etapa entre Marín e A Estrada acompañado dos exciclistas profesionais galegos Álvaro Pino, Óscar Pereiro e Ezequiel Mosquera
O presidente da Xunta asegura que a proba ciclista O Gran Camiño sitúa a Galicia como referente internacional deste deporte e serve tamén de escaparate turístico para atraer visitantes á comunidade.
Alfonso Rueda percorreu este domingo unha das etapas desta edición, entre Marín e A Estrada, acompañado dos exciclistas profesionais Álvaro Pino, Óscar Pereiro e Ezequiel Mosquera.
Este ano a proba arrancará o 26 de febreiro en Portugal e amplía as etapas ata cinco. Rueda salienta que en poucas edicións xa está consolidada como unha das voltas máis importantes a nivel internacional. O ano pasado retransmitiuse en 170 países.