Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda cualifica de "equitativo" o sistema de axudas a libros e material escolar

Rueda cualifica de "equitativo" o sistema de axudas a libros e material escolar

O presidente lembrou que a Xunta aumenta a case 26 millóns o presuposto destinado a axudar as familias

G24.gal 01/09/2023 17:13 Última actualización 01/09/2023 17:49

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualifica de "equitativo" o sistema de axudas a libros de texto e material escolar. Nunha visita este venres á librería Gallaecia Liber de Santiago, o xefe do Goberno galego lembrou que a Xunta aumenta este curso a case 26 millóns de euros a achega para axudar as familias na volta ás aulas.

As contías para libros oscilan, segundo a renda, entre os 160 e os 270 euros, fronte aos 140 e 240 euros do curso pasado. E do bono para material poderán beneficiarse as familias con rendas inferiores a dez mil euros e non a seis mil como ata agora, co que chegará a 130.000 alumnos.

"Imos chegar a moitas máis familias este ano, un 40% máis, sen perder de vista que hai que ser equitativos. Hai familias que necesitan unha axuda máis grande e vana ter; e outras que non a necesitan tanto, e tamén terán apoio da Xunta", defendeu Rueda.

O presidente di que grazas a estas axudas, e outras como a bonificación dos comedores ou a conxelación das taxas universitarias, as familias galegas poderán aforrar máis de 100 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos