Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubiales di que o "biquiño"de Hermoso foi consentido e afirma: “Comín a bicos a moitos futbolistas”

Rubiales di que o "biquiño"de Hermoso foi consentido e afirma: “Comín a bicos a moitos futbolistas”

O expresidente da Federación Española de Fútbol nega ter cometido un delito de agresión sexual e rexeita que lle metese presión a Hermoso e a súa contorna para que xustificase publicamente o ocorrido

Luis Rubiales recoñece que se "equivocou", pero insiste en que o bico foi algo "totalmente espontáneo", "é como dar unha aperta"

O expresidente da RFEF Luis Rubiales, á súa chegada este martes á Audiencia Nacional (Eduardo Parra / Europa Press)
G24.gal 11/02/2025 08:31

O expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales, asegurou este martes estar "totalmente seguro" de que a xogadora Jennifer Hermoso deulle o seu consentimento para que lle dese o "biquiño" nos beizos tras gañar o Mundial de 2023 e polo que está a ser xulgado por un delito de agresión sexual.

Na súa declaración como acusado, afirmou que foi algo "totalmente espontáneo", "como dar unha aperta" e relatou a preguntas da fiscala do caso a secuencia do bico. Dixo que ela o colleu das axilas, levantouno e el preguntoulle se podía darlle un "biquiño", ao que a xogadora lle dixo: "Vale".

Rubiales recoñeceu na vista que se “equivocou”, pero nega que cometese “delito ningún”.  "Eu equivoqueime, porque eu estou nunha posición como presidente da Real Federación Española de Fútbol, e metín a pata", dixo.

“Comporteime como un deportista que consegue un éxito, como un máis do grupo, e nese momento tiña que ter o sangue máis frío e estar nun papel mais institucional”. Explicou que se fose un xogador da selección masculina, tamén o bicaría, e engadiu: "Eu comía a bicos moitos futbolistas".

Rubiales negou que lle metese presión a Jennifer Hermoso para que xustificase publicamente o bico e insiste en que foi “unha situación anecdótica entre dous amigos”.

O expresidente da RFEF declarou como acusado nesta sétima xornada do xuízo, en que tamén interviñeron os peritos solicitados pola súa defensa. As acusacións piden para el dous anos e medio de prisión por agresión sexual e coaccións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade