Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Villalba ratifica que Leire Díez lle ofreceu asesorar a directora da Garda Civil

Rubén Villalba ratifica que Leire Díez lle ofreceu asesorar a directora da Garda Civil

O comandante da Garda Civil recoñece dúas reunións coa "fontaneira do PSOE" e que esta lle dixo que viña por orde do "one"

Podemos advirte ao PSOE do dano que lle está a causar ao bloque progresista pero o executivo ratifica a confianza en Mercedes González

Ruben Villaba, con máscara e gafas de sol, entra na Audiencia Nacional
G24.gal 07/07/2026 13:47

Máscara, gorra e lentes de sol. O comandante da Garda Civil Rubén Villalba tratou de preservar a súa intimidade á entrada da Audiencia Nacional.  Está suspendido de emprego e soldo e imputado por presuntos delitos de organización criminal, suborno e branqueo de capitais

Segundos os investigadores, aproveitando esta situación xudicial e laboral, Leire Díez tratou de captalo coa promesa de rehabilitalo. Este martes, ratificou que Leire Díez lle ofreceu ser asesor da directora da Garda Civil a cambio de que lle dera información contra a UCO. Recoñeceu dúas xuntanzas e que Díez lle dixo que viña por orde do "one". A exmilitante socialista falou directamente con Mercedes González do tema. González recoñece que o intentou, pero mantén que, tan pronto lle plantexou a idea deu por rematada a reunión

A figura de González levanta ampolas entre os grupos de esquerda. Podemos pregúntase se España se pode permitir ter á fronte do Corpo unha persoa que mentiu. Ione Belarra insiste en que debe marchar por propia iniciativa ou o Goberno debe cesala. E advirte ao PSOE que a día de hoxe é "acetona para o bloque progresista". Desde o Goberno manteñen a folla de ruta. E volveron ratificar o seu apoio a maxima reponsable da Benemérita

O venres, o xuíz Pedraz tomaralle declaración á presidenta do PSOE

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade