Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén López, deportivista ata xuño de 2028

Rubén López, deportivista ata xuño de 2028

O centrocampista galego chegou ao Cadete A do Dépor na temporada 2019-20

Foto @RCDeportivo Foto @RCDeportivo
G24.gal 14/12/2023 16:04 Última actualización 14/12/2023 16:09

Rubén López renovou esta tarde o seu contrato co Dépor ata xuño de 2028.

O centrocampista galego, titular co Fabril en Segunda Federación aínda que se adestra habitualmente co primeiro equipo, chegou ao Cadete A do Dépor na temporada 2019-20.

Formou parte daquel Xuvenil A histórico representante español na UEFA Youth League, competición na que o Club asombrou a toda Europa nos seus partidos en ABANCA-RIAZOR.

Rubén debutou co Dépor en partido oficial o pasado 5 de novembro en Irún, e tamén participou unha semana despois no choque ante a S. D. Logroñés en ABANCA-RIAZOR.

En Copa do Rei foi titular no encontro de segunda rolda disputado o pasado mércores 6 de decembro ante o CD Tenerife de Segunda División.

Na sala de prensa despois desa cita copeira, Imanol Idiakez subliñou de Rubén que "a primeira vez que o vin pensei que aí había un futuro futbolista e confirmouno. Fixo un traballo espectacular".

Rubén López únese á lista de canteiráns que ampliaron nestes meses a súa vinculación co Dépor como Brais Suárez, Dani Barcia, Kevin Sánchez, David Mella, Elena Vázquez ou Lucía Rivas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade