Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Fernández tentará aproveitar a ausencia de Gajser en Portugal

Rubén Fernández tentará aproveitar a ausencia de Gajser en Portugal

Febvre tentará colocarse como novo líder do Mundial de motocrós e o galego pasa a ser o líder do equipo HRC coa ausencia do esloveno

O domingo poderán verse as dúas carreiras na G2 e en Agalega.gal

G24.gal 02/05/2025 22:13

O Mundial de motocrós chega ao circuíto de Águeda (domingo, G2 e Agalega.gal) para disputar o tradicional Grande Premio de Portugal, unha cita importante no calendario. A proba estará marcada por ausencias importantes e a posibilidade real de ver un cambio de líder. 

A gran ausencia será a de Tim Gajser, actual líder do Mundial, que non poderá participar logo da caída sufrida na segunda carreira do Grande Premio de Suíza. O esloveno, compañeiro do vigués Rubén Fernández en Honda HRC, levaba tres vitorias e seis podios esta campaña cando sufriu un problema no seu ombreiro. Malia os esforzos dos médicos decidiu non arriscar nesta sétima cita do calendario e estar a tope para a proba de Lugo. 

A ausencia de Gajser abre a porta a un cambio de líder na xeral. Romain Febvre, segundo no campionato, faríase coa chapa vermella se consegue reducir a diferenza de 27 puntos que ten co esloveno. Con 60 en xogo semella que o francés sairá de Portugal como primeiro clasificado, algo que non consegue desde hai catro anos. 

Rubén Fernández tamén agarda aproveitar a ausencia de Gajser e actuará como xefe do equipo HRC. O galego chega a un circuíto no que gañou a súa primeira carreira de cualificación en 2023 despois dun duelo con Jeffrey Herlings. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade