Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Fernández, novo piloto oficial de Honda en MXGP

Rubén Fernández, novo piloto oficial de Honda en MXGP

Terá como compañeiro a Tim Gajser, cinco veces campión do mundo

G24.gal 07/09/2022 11:09 Última actualización 07/09/2022 13:09

O equipo oficial de Honda (Honda Racing Corporation, HRC) no campionato do mundo de motocrós confirmou a renovación do actual campión, o esloveno Tim Gajser, e a chegada do galego Rubén Fernández para a próxima tempada do mundial MXGP.

Para Rubén Fernández: 

"É un soño feito realidade pilotar para o equipo HRC en MXGP, pois é o mellor equipo do campionato, e pilotar unha Honda durante os últimos dous anos permitiume familiarizarme coa moto, pero agora estou moi emocionado por poder pilotar a moto de fábrica en 2023".

"Entusiásmame traballar xunto a Tim -Gajser-, xa que sei que podo aprender moito dun piloto que é cinco veces campión do mundo, polo que traballarei no inverno para prepararme e asegurarme de que estou listo para a primeira carreira ao comezo de 2023", destacou Fernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar