Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rubén Fernández dá o salto ao mundial de MXGP

Rubén Fernández dá o salto ao mundial de MXGP

G24.gal 04/01/2022 14:33

O piloto vigués mantense na máxima categoría do motocrós. Correrá o mundial desde o principio. A temporada pasada rematouna con Honda correndo dúas carreiras.

Será un 2022 apaixonante. Con Jorge Prado e Rubén Fernández pelexando polo mundial.

 

Logrou cinco podios no 2021 dentro da segunda categoría do motocrós. E por terras italianas debutou nos dous últimos grandes premios do mundial absoluto.

Será esta temporada en Honda compañeiro do tres veces campión do mundo Tim Gajser. Sabe que para estar nas grandes batallas precisa mellorar a saída.

Remontar, tentar estar entre os dez mellores do mundo e soñar. Un nivel altísimo para un 2022 onde este piloto galego de 22 anos afronta o gran salto da súa carreira profesional.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar