Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Díaz dá por pechada a mala serie do Deportivo

Rubén Díaz dá por pechada a mala serie do Deportivo

Cre que o Racing e o Córdoba non van seguir toda a tempada ao ritmo ao que están

Foto @RCDeportivo
G24.gal 26/10/2022 13:24 Última actualización 26/10/2022 13:58

Pasan os días e a sensación no vestiario do Deportivo con respecto ao duelo ante o Castela segue sendo a mesma que expresou Óscar Cano ao finalizar o choque. O equipo mereceu máis:

"Está claro que temos cousas que mellorar, pero fixéronse moitas cousas ben a pesar da derrota. Houbo certos detalles que non caeron do noso lado. En liñas xerais o equipo fixo méritos para puntuar, para traernos o empate ou mesmo o tres puntos. Por iso hai que insistir no que facemos ben", sinalou Rubén Díez.

O maño ve o equipo á alza:

"Estamos nunha fase que queremos dominar. O outro día, en diferentes períodos do partido, fixemos bos minutos e dominamos ao Castela. Metémolos na súa área. A saída de balón, chegar a tres cuartos facémolo sen problema. Aí é unha das claves na que nos baseamos, dominar coa pelota. E nos últimos metros, xerar o maior número de ocasións".

Si recoñece que o equipo debe mellorar a nivel defensivo:

"O equipo deu un paso adiante e mellorou en diferentes aspectos. Non conseguir porterías a cero está a lastrarnos un pouco, pero tamén hai que ser realistas. As ocasións de gol están a chegar. Hai que ter tranquilidade suficiente para seguir nesta liña".

Rubén Díaz deu por pechada a crise do Deportivo

"Guiámonos polos resultados que están a ter o Racing e o Córdoba, pero eles non van seguir toda a tempada ao ritmo ao que están. Temos a experiencia do ano pasado e sabemos que todos os equipos pasan por malas xeiras. Nós pasámola xa. Debemos centrarnos en nós mesmos para sumar de tres en tres, para que, cando os outros se deixen puntos"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade