Cargando resultados...
Rubén Fernández acostúmase ao podio en MX2
Rubén Fernández acostúmase ao podio en MX2
G24.gal
31/10/2021 15:17
O piloto vigués Rubén Fernández fixo o segundo podio consecutivo no mundial de MX2 no Gran Premio de Italia. Fernández asinou dous terceiros postos nambalas dúas mangas demostrando unha grande regularidade e que a súa recuperación é total despois de estar ausente en varias probas.
A primeira manga foi para René Hofer por diante de Renaux. O francés impúxose na segunda, e tamén no grande premio. Renaux é o campión do mundo, ao sumar máis de cen puntos sobre Tom Vialle con dúas probas por diante.
Rubén Fernández sumou corenta puntos e achégase á sétima posición na clasificación xeral.