Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roubos e actos vandálicos no campo de fútbol do Berres

Roubos e actos vandálicos no campo de fútbol do Berres

O campo do Club Deportivo Berres, na Estrada, volveu ser obxectivo dos ladróns. Desta volta, rebentaron a porta de entrada que dá acceso ao material deportivo do club.

Amais dos danos materiais, levaron unha ducia de balóns valorados cada un deles nuns 30 euros

 

 

G24.gal 08/04/2026 14:20

Os ladróns accederon por un lateral do campo do Berres, xusto nunha das moitas zonas onde as redes están rotas. Unha vez dentro e dunha patada rebentaron esta porta de madeira con acceso ao material deportivo. 

Para o presidente deste equipo, Marcos Lorenzo Carballude, este novo acto vandálico, supón un novo desembolso económico para un club moi modesto. O mantemento deste campo de Pardiñeiro corre a cargo do Concello da Estrada, por iso pídenlle o consistorio un peche adecuado para que estes feitos non se repitan.

Este roubo non foi denunciado, din, que non lles compensa. Con todo, piden máis respecto a quen puidese estar detrás destes actos vandálicos.

Tamén forzaron sen éxito a porta de acceso á maquinaria. De feito, a zona de oficinas conta con enreixado para evitar máis sustos. Non desbotan a colocación de cámaras de videovixilancia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade