Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ronaldo fará o Camiño de Santiago polo ascenso do Valladolid

Ronaldo fará o Camiño de Santiago polo ascenso do Valladolid

G24.gal 03/06/2022 21:25

Ronaldo Nazario, presidente do Valladolid, anunciou na súa canle de Twitch que este domingo comezará o Camiño de Santiago para cumprir unha promesa polo ascenso do seu equipo á Primeira División. 

O brasileiro sairá coa súa muller na bicicleta e ten previsto facer o Camiño en seis etapas. "Son algo máis de 500 km", dixo o astro, que detallou cada unha das seis etapas que vai facer. Comezará en Valladolid e na cuarta etapa chegará a Monforte de Lemos. Logo fará o traxecto Monforte-Lalín (66 km) e rematará o Camiño cos 58 km que separan Lalín e Santiago de Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos