Román Rodríguez defende as aulas como espazos seguros
Reiterou que se cumpren todos os protocolos de seguridade para evitar contaxios
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, defende a volta ás escolas para o próximo luns de forma presencial. Nunha entrevista na Radio Galega, reiterou que se cumpren todos os protocolos de seguridade para evitar contaxios.
"Son espazos seguros desde a perspectiva sanitaria. Non son espazos onde se amplifique a situación sanitaria. Teñen que cumprir a súa función e a súa función desde a perspectiva educativa e da perspectiva tamén se se quere emocional é manter a personalidade e iso é o que todos falamos, que todos defendemos e que imos levar a cabo dentro da situación na cal vivimos coa máxima normalidade posible a partir do día 10".
Román Rodríguez tamén indicou que, tal e como acordaron onte co Ministerio e coas outras comunidades autónomas, queren que as universidades artellen alternativas para os estudantes que están confinados e non pode presentarse aos exames.