Publicador de contidos

Publicador de contidos

Casado lamenta o que fixo mal e a reacción que sufriu: "Creo que non a merecía"

Casado lamenta o que fixo mal e a reacción que sufriu: "Creo que non a merecía"

Casado desexa sorte ao próximo líder do Partido Popular e a Núñez Feijóo agrádecelle a "lealdade e amizade" e di que lle ofrecerá o mesmo "no que decida facer"

Ayuso pide que todos os que intentaron "destruíla" sexan apartados

O PP pecha o expediente contra Ayuso

Pablo Casado ante a Xunta Directiva Nacional do PP (EFE/ Javier Lizón)
G24.gal 01/03/2022 09:03 Última actualización 01/02/2022 13:15

O aínda líder do PP Pablo Casado asegurou este martes ante a Xunta Directiva Nacional do partido que lamenta "todo o que fixese mal" nos case catro anos que leva á fronte da formación, aínda que reprochou a reacción "inédita" que tivo "que sufrir" pola guerra interna tras a crise coa dirixente madrileña Isabel Díaz Ayuso.

Así se pronunciou o aínda presidente do PP durante a súa intervención en aberto nesta Xunta Directiva Nacional do partido que aprobará o Congreso extraordinario da formación que nomeará o seu sucesor.

"Creo que non o merezo, nin o merecería ningún de nós", subliñou Casado sobre os acontecementos dos últimos días e as peticións para que dese un paso a un lado. 

Ao pouco de comezar a súa intervención, Pablo Casado tivo palabras para o presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo. A el agradeceulle "a lealdade e a amizade" durante estes anos e dixo que lle ofrecerá o mesmo "no que decida facer".

De cara ao futuro, Casado pediulles aos responsables do PP, reunidos nesta Xunta Directiva Nacional: "Logremos un proxecto de unidade do que saiamos fortalecidos".

"Non dediquemos un minuto máis a falar de nós", asegurou Pablo Casado, sinalándolles que agora a súa responsabilidade é traballar para "cambiar o goberno canto antes".

Casado desexoulle "sorte" a quen sexa o próximo presidente do Partido Popular. De quen o suceda no cargo como máximo responsable do PP agarda que teña "moito acerto no seu empeño, e todo o éxito para concitar a lealdade e o apoio que, sen dúbida, vai necesitar".

"O meu vaino ter o primeiro", concluíu Pablo Casado.

O Congreso en que o PP elixirá o seu próximo líder será o 1 e o 2 de abril en Sevilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade