Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retómase a busca do mozo que desapareceu nos Peares ao envorcar o caiac

Retómase a busca do mozo que desapareceu nos Peares ao envorcar o caiac

O seu acompañamente conseguiu chegar a terra e pedir auxilio 

Na busca participan efectivos da Garda Civil, do Seprona e axentes do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas

G24.gal 31/03/2026 10:51

Os servizos de emerxencias retomaron este martes a busca, baixo a coordinación da Garda Civil, dun mozo que desapareceu este luns pola tarde en augas do río Miño, ao envorcar o caiac no que navegaba co seu curmán preto do encoro dos Peares.

O outro mozo conseguiu chegar a terra e pedir auxilio tras o accidente, que se produciu pasadas as catro e media da tarde, á altura do lugar da Carballeira, na parroquia da Cova, que pertence ao municipio lucense de Carballedo.

Fontes da Comandancia de Lugo afirman que o operativo retomouse ás 8:00 horas. Están a participar por parte da Garda Civil patrullas de Seguridade Cidadá, efectivos do Seprona e, na auga, axentes do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS).

Tras a chamada de alerta activouse un operativo no que participaron inicialmente Urxencias Sanitarias de Galicia, axentes da Garda Civil, bombeiros de Chantada (Lugo) e outros corpos de emerxencias e de voluntarios da zona; co apoio de medios tecnolóxicos como un dron e unha cámara térmica.

Ademais, permanece activo desde onte o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, cuxos profesionais xa se puxeron en contacto coa familia do novo desaparecido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade