Cargando resultados...
Restrinxen o tráfico pesado nunha ponte de Monforte ao inclinarse un dos piares
Restrinxen o tráfico pesado nunha ponte de Monforte ao inclinarse un dos piares
O Concello encargou a revisión e reparación do estado xeral da estrutura
Félix Aragunde
30/06/2022 14:01
Un dos piares centrais da ponte de Piñeira, en Monforte, inclinouse cara a un lado. Como resultado deste desprazamento, perdeu contacto coa plataforma que sustentaba, o que motivou a preocupación dos veciños.
Por seguridade, o Concello de Monforte anunciou que a ponte vai ser cortada ao tráfico pesado. A restrición manterase ata que se revise e se repare a estrutura.
Hai dúas décadas, cando se ampliara a ponte, houbera queixas veciñais para esixir que se reforzasen as zapatas en que se apoian os piares.
Alén de afianzar o piar que sufriu un desprazamento, o Concello monfortino indicoulle á empresa encargada das obras a revisión do estado xeral da ponte.