Publicador de contidos

Publicador de contidos

PP e PSOE aplauden o discurso do rei, que critican Sumar, Podemos e nacionalistas

PP e PSOE aplauden o discurso do rei, que critican Sumar, Podemos e nacionalistas

O rei Filipe VI, nun momento do discurso (EFE/Ballesteros)
G24.gal 25/12/2025 07:58 Última actualización 25/12/2025 18:49

O discurso de Nadal co que o rei Filipe VI avogou pola convivencia e alertou do "fastío" cidadán ante a tensión política foi aplaudido por PP e PSOE e criticado pola esquerda de Sumar e Podemos, ademais de por nacionalistas.

Dirixentes dos principais partidos políticos pronunciaranse hoxe, xoves de Nadal, sobre a mensaxe de Noiteboa do rei, no que pediu exemplaridade no desempeño do conxunto dos poderes públicos.

Ademais, o xefe do Estado apelou ao diálogo e á convivencia democrática, ademais de advertir de que os desafíos que teñen os cidadáns e a tensión que perciben no debate público provócalles "fastío, desencanto e desafección".

As primeiras reaccións políticas á mensaxe do rei publicadas nas redes sociais -recollidas por EFE nas últimas horas- foron as seguintes:

-Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP: "Subscribo as palabras do Rei. Un chamamento a coidar a convivencia entre españois sen esquecer os desafíos de hoxe, e reivindicando á Constitución e a Europa como garantes de liberdade e prosperidade. A nosa Nación merece un futuro onde camiñar xuntos, sen barreiras nin muros".

-A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, apoiou o chamamento á "convivencia" que fixo Filipe VI, e, neste sentido, puxo como exemplo a Galicia do "sentidiño". Considera que demostrou "que é o Rei que os galegos e galegas merecemos e necesitamos".

-Cristina Narbona, presidenta do PSOE, aplaudiu o discurso. Celebrou o seu chamamento á convivencia e ó diálogo tras advertir de que os extremismos, radicalismos e populismos nútrense da crise de desconfianza que atravesan as sociedades democráticas, ou a mensaxe do monarca aos partidos políticos para defender a confianza nas institucións como algo necesario "para preservar o ben común".

 -Para o líder do PSdeG, Gómez Besteiro, a intervención de Filipe VI foi "firme contra os radicalismos", pero "tamén será compartida hoxe polos que están a danar a convivencia, os que nutren a desconfianza, os extremismos e a desinformación", aqueles que "non se dan por informados", expresou Gómez Besteiro.

-O deputado no Congreso do BNG, Néstor Rego, acusou o rei de "ignorar os problemas da xente". Cualificou a mensaxe como "unha evidencia de que a monarquía, máis aló de ser unha institución anacrónica, está afastada das preocupacións reais da cidadanía e das clases populares".

-Gabriel Rufián, portavoz de ERC no Congreso: "Ti: 'Este ano na cea nada de comentar o discurso do rei'. Ti 10' despois: (imaxe do cadro de Vladimir Serov titulado Lenin proclama o poder soviético no Instituto Smolny (1952), que representa o líder comunista ruso, tras a revolución de 1917, anunciando o triunfo revolucionario e a instauración do poder dos @Soviet).

-Ione Belarra, secretaria xeral de Podemos: "O rei sobe á onda do discurso antipolítico nunha intervención infestada de lugares comúns. O neto político de Franco resístese a mencionar a ditadura e fala dela coma se fose un fenómeno meteorolóxico. A desmemoria é o principal motor da ultradereita hoxe".

-Verónica Martínez Barbero, portavoz de Sumar no Congreso: "Outra vez máis vivimos un discurso decepcionante do rei. Fronte á desigualdade, a precariedade e a crise da vivenda, non vale con exaltar o pasado. A democracia deféndese garantindo dereitos aquí e agora".

- Jordi Turull, de Junts per Catalunya (JxCat), ve "surrealista" que apele a acabar cos extremismos e a crispación, cando foi, ao seu xuízo, "o máis radical contra a convivencia democrática, cando o pobo de Cataluña quixo expresar nas urnas a súa vontade popular".

-A portavoz do PNV no Congreso, Maribel Vaquero, esixiu ao rei derrogar a lei de segredos oficiais, porque impide "coñecer os feitos do final da ditadura e a Transición", e criticou que o rei non se referise aos "ataques moi graves", dixo, sufridos polo éuscaro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade