Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan máis dunha vintena de gatos nun piso do barrio coruñés dos Mallos

Rescatan máis dunha vintena de gatos nun piso do barrio coruñés dos Mallos

Os veciños denunciaron a situación de insalubridade hai anos

G24.gal 03/06/2025 14:14 Última actualización 03/06/2025 14:25

Este martes os operarios de limpeza continúan baleirando o primeiro andar do inmoble da Coruña onde convivían os inquilinos con máis de vinte gatos.

Os veciños aseguran que nin podían abrir as ventás, "porque cheiraba todo". "Eu xa pensaba cando podía tender", di unha muller.

E así estiveron máis dun lustro. "Eles viñeron hai sete anos, pero comezamos as protestas haberá cinco", explican.

Porén, ata este luns non se puido facer nada. Ao tratarse dunha propiedade privada, era necesaria unha autorización xudicial. Agora os veciños din, con reservas, que están satisfeitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade