Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan a seis persoas no incendio dun edificio na Pobra do Caramiñal

Rescatan a seis persoas no incendio dun edificio na Pobra do Caramiñal

O edificio na rúa Rafael Quella foi desaloxado e as persoas afectadas foron atendidas polos profesionais sanitarios no lugar do incendio

Os bombeiros conseguiron controlar e finalmente extinguir as chamas pouco despois

O piso na rúa Rafael Quella, na Pobra do Caramiñal O piso na rúa Rafael Quella, na Pobra do Caramiñal
G24.gal 27/08/2025 19:52 Última actualización 27/08/2025 20:59

Seis persoas foron rescatadas polos bombeiros no incendio dun edificio na Pobra do Caramiñal. O lume, que xa foi extinguido, danou a sala e o corredor do piso no que se orixinou, pero varias vivendas víronse afectadas polo fume.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso ao redor das 16:40 horas, cando atendeu as chamadas de varios particulares que explicaban que ardía un piso na rúa Rafael Quella, na Pobra do Caramiñal.

Nun primeiro momento, dúas persoas permanecían no interior da vivenda afectada, pero lograron saír pouco despois. Outros veciños informaron de que había moito fume nas escaleiras do edificio e non podían saír.

Desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que chegou a tomar terra preto do lugar.

Nada máis chegar, os servizos de emerxencias traballaron para evacuar e rescatar aos veciños. Os bombeiros conseguiron controlar e finalmente extinguir as chamas pouco despois. As persoas afectadas foron atendidas polos profesionais sanitarios no lugar do incendio

Neste operativo participaron, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro e Ribeira, a Garda Civil, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade