Renovan a entrada do Camiño Primitivo ao recinto histórico de Lugo
Comeza a derruba da pasarela do Carril das Flores, unha vella reinvidicación veciñal
A actual pasarela peonil do Carril das Flores, en Lugo, axiña será historia. Xa comezaron as obras para demolela, algo que era unha vella reinvindicación da veciñanza. De feito, esta plataforma representaba, dende había décadas, un dos puntos con maior feísmo na capital luguesa.
A pasarela, que conecta a céntrica rúa Montero Ríos coas vivendas e cos negocios da outra beira do Carril das Flores, será substituída por unha estrutura metálica máis estreita. Isto permitirá que chegue a luz natural ata os muros orixinais da que é a entrada do Camiño Primitivo no recinto histórico da cidade.
A renovación integral do Carril das Flores, que está a ser executada pola Área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo, prevese que estea rematada a finais do verán.