Cargando resultados...
Renato Tapia estará de baixa un mínimo de tres semanas
Non xogará ante o Almería, o Real Madrid e o Sevilla
Sofre unha rotura muscular de grao 1 na coxa dereita
G24.gal
28/02/2024 13:54
Última actualización 28/02/2024 13:59
Hai unha mala nova para o Celta. Renato Tapia vai estar de baixa un mínimo de tres semanas. As probas médicas confirmaron que o centrocampista peruano sofre unha rotura muscular de grao 1 na coxa dereita.
Tapia tivo que abandonar o terreo de xogo en Cádiz e agora confírmase a peor das novas. O Celta non poderá contar con Tapia ante o Almería, Real Madrid e Sevilla.
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄́𝐃𝐈𝐂𝐎 🏥 Renato Tapia sufre una rotura fibrilar de grado I en el recto anterior del muslo derecho.
— RC Celta (@RCCelta) February 28, 2024
El tiempo estimado de recuperación es de 3 semanas.
¡Ánimo, @renatotapiac! 💪
⋄ #ClínicaRCCelta ⋄ pic.twitter.com/2pJPTDblsq