Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata a feira da enerxía en Silleda con 5.200 visitantes

Remata a feira da enerxía en Silleda con 5.200 visitantes

251 firmas de 13 países amosaron as novidades do sector da enerxía

Os encontros profesionais desenvolvéronse en máis de 80 conferencias e xornadas técnicas

5.200 visitantes pasaron polos expositores de Enerxétika ao longo de tres días
G24.gal 05/02/2022 21:03

A feira Enerxétika 2022 pechou esta tarde as portas da súa terceira edición no recinto feiral de Silleda e por ela pasaron máis de 5.200 visitantes.
Nela, profesionais e particulares puideron poñerse ao día das principais novidades das enerxías renovables para o fogar e tamén nos vehículos eléctricos e híbridos.

Unha resposta á suba dos combustibles fósiles e da factura eléctrica, é o primeiro que buscaban os consumidores que nestes tres días acudiron á feira da enerxía que reuniu arredor de 90 expositores.

Tamén querían saber se estas enerxías poden chegar a todos os petos, así que a seguinte pregunta estaba asegurada: en que prezos nos movemos? Os profesionais adiantaban cifras aproximadas: Unha instalación de placas solares para unha vivenda tipo con consumo medio podería estar arredor dos 5.000 euros e  un vehículo 100% eléctrico coas subvencións podería quedar nos 14.000 ou 15.000 euros. E con subvención os híbridos estarían desde os 19.000 ou 20.000.

Desde a organización valoran moi positivamente o encontro que serviu tamén de punto de encontro profesional, con máis de 80 conferencias e xuntanzas de expertos en diferentes áreas enerxéticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade