Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xuíz non considera a Maduro "unha ameaza para a seguridade nacional" dado que está nos EUA

O xuíz non considera a Maduro "unha ameaza para a seguridade nacional" dado que está nos EUA

Remata a audiencia sen decisión sobre o pago dos seus avogados

Segunda audiencia de Maduro ante un tribunal de Nova York por narcoterrorismo

Ilustración da comparecencia de Maduro e a súa muller, con auriculares, acompañados dos seus avogados ( REUTERS/Jane Rosenberg) Ilustración da comparecencia de Maduro e a súa muller, con auriculares, acompañados dos seus avogados ( REUTERS/Jane Rosenberg)
G24.gal 26/03/2026 19:08

A segunda audiencia no caso xudicial contra o deposto presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, e a súa esposa, Cilia Flores, terminou este xoves en Nova York sen unha decisión do xuíz sobre a disputa polo pago dos seus avogados.

O maxistrado encargado do proceso, Alvin Hellerstein, manifestou dúbidas sobre a conxelación dos fondos venezolanos por parte do Goberno dos Estados Unidos, que impide que o acusado poida financiar a súa defensa.

O xuíz federal a cargo do caso afirmou este xoves que non os considera "unha ameaza para a seguridade nacional" dos Estados Unidos, posto que xa se atopan detidos neste país.

A consideración do maxistrado afecta directamente o motivo en que se basean as sancións dos Estados Unidos a Maduro e aos fondos venezolanos, que impiden, segundo o acusado, custear a súa propia defensa.

"O acusado está aquí. Flores está aquí. Xa non representan ningunha ameaza para a seguridade nacional", declarou Hellerstein, de 92 anos, con voz crebada.

Ademais, o xuíz afirmou que as razóns sobre as que se fundamentou este bloqueo dos EUA ao país suramericano xa non están en xogo e que a situación en Venezuela cambiou. Dixo que "as cousas cambiaron en Venezuela", e que os EUA xa "fan negocios" co país caribeño

No entanto, Hellerstein aínda ten que confirmar a súa decisión de xeito oficial e non deu na audiencia de hoxe datas de cando tomará esta decisión.

Pola súa banda, o fiscal federal adxunto Kyle Wirshba apuntou durante a vista que o Goberno dos Estados Unidos debería ter a facultade de "utilizar as sancións para influír na política exterior ou na seguridade nacional" e indicou que as sancións, impostas en 2019, son anteriores ao caso contra Maduro.

A defensa alega que o Goberno dos EUA a través da oficina de control de activos (OFAC), revogou as licenzas que permitían usar fondos venezolanos para sufragar a súa defensa, cualificándoo de "erro administrativo", algo que vulnera a Sexta Emenda da Constitución estadounidense.

En tanto, o equipo legal do líder venezolano volveu insistir en que a única opción é a desestimación dos cargos, medida que o xuíz dixo ver pouco viable.

Maduro, máis delgado e cun sorriso á chegada

Maduro -que hoxe se vía máis delgado e saudou cun sorriso á súa chegada- está acusado de catro cargos: tres de conspiración para cometer narcoterrorismo, importar cocaína e posuír metralladoras e artefactos destrutivos, e un cuarto delito de posesión desas armas.

Flores, pola súa banda, está acusada doutros catro cargos relacionados: dous de conspiración para importar cocaína, un de conspiración para posuír armas e outro de posesión de armas.

Na súa primeira comparecencia, Maduro declarouse "non culpable" e definiuse a si mesmo como un "prisioneiro de guerra". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade