Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reivindicación galega para a inclusión de menores con discapacidade no maratón de Nova York

Reivindicación galega para a inclusión de menores con discapacidade no maratón de Nova York

Alfonso Rueda recibiunos este mércores en San Caetano para darlles o apoio do Goberno galego

G24.gal 02/11/2022 16:25

Este domingo celébrase o maratón de Nova York, onde Galicia vai ter unha representación especial e reivindicativa: a dos catro membros do proxecto EKIN da Fundación Abrente, unha entidade da Coruña que promove a inclusión no deporte das persoas con diversidade funcional.

O presidente da Xunta Alfonso Rueda recibiunos este mércores en San Caetano para darlles o apoio do Goberno galego antes de marchar cara aos Estados Unidos.

Nese acto, Rueda anunciou que os concellos xa poden pedir as axudas para crear unidades de atención temperá.

Dous rapaces con parálise cerebral da Fundación Abrente non van poder participar no maratón e esa é a reivindicación que levan a Nova York: que a idade non sexa un obstáculo para asistir.

"Imos facer a primeira expedición para que os seguintes que veñan non teñan eses problemas na categoría adaptada. Ademais hai unha categoría de dúo que debería ter unha regulamentación específica para que os nenos e nenas con esta discapacidade poidan correr, porque ademais van nun carro e no van facer un esforzo, que é por iso que está a idade en máis de 18", explica Ángel López, presidente de Ekin.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar