Redúcese a ocupación hospitalaria en Galicia pola covid e baixan as infeccións
Tamén caen de xeito lixeiro os contaxios diarios, 1.025, (-7)
O Sergas notifica dous decesos por coronavirus
Os casos activos de coronavirus en Galicia baixan con máis forza que a xornada anterior, (-1.0371). Hai 17.594 persoas portadoras do virus, con datos das 18 horas do venres.
Os diagnósticos diarios diminúen, aínda que de xeito lixeiro respecto das 24 horas anteriores, (-7) e rexístranse 1.025, malia que xa non se contan os casos leves e asintomáticos.
A presión hospitalaria pola covid redúcese, hai 461 persoas ingresadas, cinco menos que as 24 horas anteriores. En UCI son 22, dúas menos, e en planta 439, tres menos.
O Sergas notifica dous decesos por mor da covid–19, o que eleva a cifra a 3.215 falecementos desde o inicio da pandemia en Galicia.
Situación por áreas sanitarias
As infeccións activas diminúen nas últimas horas en todas as xerencias galegas, e na de Santiago baixan das 3.000, cifra que só superan xa A Coruña e Vigo. Ferrol só ten un paciente nas UCI e a de Lugo dous.
A Coruña: 3.652
Vigo: 3.306
Ourense: 1.966
Santiago: 2.768
Lugo: 2.145
Pontevedra: 1.981
Ferrol: 1.722