Publicador de contidos

Publicador de contidos

Redúcense as infeccións e os positivos en Galicia pero soben os ingresos

Redúcense as infeccións e os positivos en Galicia pero soben os ingresos

Hai 426 persoas hospitalizadas por covid, nove máis que 24 horas antes, unha máis en UCI

Os detectados nas probas diarias baixan ata 1.638, case 300 menos que xornada previa

G24.gal 06/03/2022 09:48 Última actualización 06/03/2022 14:15

Nos últimos días semellaba que se comezaba a notar a incidencia das festas do Entroido nos indicadores da situación da pandemia de coronavirus en Galicia. Pero a tendencia cambia este domingo e rexístrase unha lixeira melloría nos datos, agás nas hospitalizacións, que incrementan nas últimas horas.

Desta maneira son 17.023 as persoas co virus activo en Galicia, que son 84 menos que o día anterior, cos datos recollidos ata as 18 horas do sábado. Tamén melloran as cifras canto a contaxios diarios detectados nas probas realizadas e son 1.638 (-297).

 

O contraste aparece no que atinxe á presión asistencial, que aumenta nas últimas horas. Hai 426 pacientes con covid nos hospitais galegos, que son nove máis que 24 horas antes. O maior incremento de enfermos esta en planta, con 395 persoas ingresadas (+8) e outras 31 precisan UCI (+1).

 

O Sergas notifica catro falecementos máis por covid, o que eleva a cifra de mortes en Galicia a causa da pandemia a 3.125 persoas.

Situación por áreas sanitarias

As infeccións activas soben nas xerencias de Ourense e de Ferrol, aínda que de xeito lixeiro, e baixan no resto. Só pasan xa dos tres mil casos activos A Coruña, Vigo e Santiago, e Ferrol é a única que se sitúa por baixo dos mil. Nas UCI os peores datos están en Santiago, con oito enfermos por covid nestas unidades especializadas, e nos hospitais da Coruña, con sete.

A Coruña: 3.350 (+80)

Vigo: 3.157 (-144)

Ourense: 2.239 (+50)

Santiago: 3.017 (-76)

Lugo: 2.107 (-18)

Pontevedra: 2.090 (-4)

Ferrol: 983 (+31)

 

Mapas de incidencia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos