Un paseo por unha Redondela feita a escala por Gene Muíños
Un redondelán recreou máis de douscentos edificios da vila en miniatura
Poder pasear polas rúas da túa vila a escala gozando das fachadas dos edificios máis singulares. Iso poden facer os redondeláns grazas á exposición de maquetas de Gene Muíños.
Na mostra que se pode contemplar no Multiusos da Xunqueira hai máis dun cento de maquetas e case o dobre de edificios desde a Casa do Concello ata o Convento de Vilavella ou o Mercado, unha verdadera cidade en miniatura.
Gen comezou facendo unha maqueta para un fillo que estudaba arquitectura e xa non parou. Leva máis dun cuarto de século facéndoas. Observando cada detalle da vila, das vivendas e dos edificios públicos. Máis de cen maquetas e douscentos edificios.
Na primeira exposición moitos botaron de menos as súas casas, agora a mostra creceu.
Poderáse ver ata o 15 de setembro e merecería unha mostra permanente pero polo de agora a mediados de setembro irán ao faiado de Gene envoltas en celofán.