Os Estados Unidos rexistra o récord mundial de contaxios: un millón nun só día
As aeroliñas suspenderon 3.000 voos polos contaxios nas tripulacións
En Nova York dá positivo unha de cada tres persoas
Os infectados de covid duplicáronse nunha semana nos Estados Unidos ata marcar un récord mundial. Diagnosticaron un millón de casos nun só día.
A variante ómicron está poñendo contra as cordas varios sectores económicos. As aeroliñas suspenderon 3.000 voos nas últimas horas debido ao número de baixas por contaxios entre as súas tripulacións.
Outro interrogante son os colexios. De momento permanecen abertos agás en Atlanta, Newark e Milwaukee.
En Nova York dá positivo unha de cada tres persoas que fai o test de covid e as hospitalizacións marcaron o récord do inverno pasado. O Goberno federal respondeu elevando a subministración de test de antíxenos gratuítos.