Publicador de contidos
Publicador de contidos

Como usar rozadoiras manuais; a seguridade básica aforra moitos problemas

Como usar rozadoiras manuais; a seguridade básica aforra moitos problemas

Empregar os EPI e facer mantemento ao longo do ano son tarefas esenciais

Cortes e golpes en todo o corpo e perda de audición son os maiores riscos

Andrés Pavón/Antonio Outumuro 14/08/2024 13:46

Acondicionar xardíns, limpar as leiras de maleza para evitar incendios, despexar camiños... son moitos os usos que se lles dan ás rozadoiras manuais no verán. E tamén son moitos os riscos que supón un uso inapropiado das mesmas. Lesións nas costas e nos brazos, feridas por desprendementos ou mancaduras á hora de cambiar pezas son os problemas máis habituais.

"Se non se usa ben, podes ter cortes no corpo, caída de pedras, soltura dos discos", di Reinaldo Marte, dunha empresa forestal.

"Dependendo de para que sexa, pode ir mellor a eléctrica ou a de motor", explica Ionutz Botezan. 

Tamén é importante utilizar os dispositivos axeitados para o tipo de vexetación sobre o que se vai actuar. Por exemplo, non é o mesmo rozar un prado que eliminar silvas dun valado. Ademais é indispensable utilizar os equipos de protección individual que nos protexen tanto das posibles lesións coma dos ruídos e vibracións das máquinas.

"Tes que usar a protección da cara, das pernas e o arnés para os pesos", recomenda Ionutz Botezan.

"Moitas veces non nos decatamos do dano que fai ese ruxido constante e que nos pode facer perder capacidade auditiva", recorda Reinaldo.

Tamén é importante facer un mantemento periódico ao longo do ano para comprobar que todos os compoñentes están en bo estado, aínda que non estea previsto utilizar a rozadoira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade