Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reclaman unha sanidade pública de calidade ás portas do Parlamento de Galicia

Reclaman unha sanidade pública de calidade ás portas do Parlamento de Galicia

Piden reabrir os centros pechados, máis persoal, ambulancias públicas, plan de saúde mental e outro para racionalizar as listas de espera 

G24.gal 12/04/2024 16:06

Decena de persoas manifestáronse este venres no exterior do Parlamento convocados pola plataforma SOS Sanidade Pública para alertar do "desmantelamento e a privatización" do sistema sanitario público galego e esixir ao Goberno da Xunta "unha sanidade pública de calidade".

Con proclamas como "Rueda, atende, a sanidade non se vende", "sanidade pública" ou "o público é servizo, o privado beneficio", os manifestantes despregaron as súas pancartas ás doce do mediodía.

"Temos algúns centros de saúde pechados, dificultades tremendas por parte da poboación para acceder aos servizos, esperas dunha semana, quince días ou ás veces un mes e centros sanitarios decimados", declarou o portavoz da Plataforma, Manuel Martín.

Segundo Martín, o orzamento aprobado pola Xunta, que supera os cinco mil millóns de euros, "non incrementa os recursos que require o sistema" e alertou tamén "perda de dereitos por parte dos usuarios" e de "falta de servizos de ambulancia ou de saúde pública".

Para paliar esta situación, desde SOS Sanidade Pública entregaron no rexistro Parlamento un escrito con trece medidas "urxentes" para mellorar a calidade do servizo sanitario público galego.

Entre elas están un incremento do orzamento sanitario, a apertura dos centros de saúde pechados, o incremento do persoal en medicina familiar, pediatría e enfermería, a reintegración do servizo de ambulancias ao sistema público, un plan de saúde mental e outro para racionalizar as listas de espera hospitalarias ou a eliminación da inestabilidade e precariedade laboral.

"Non imos baixar os brazos, imos seguir convocando mobilizacións e concentracións tanto e Santiago como noutros municipios", advertiu Martín.

A plataforma representa a máis de trinta agrupacións de distintos municipios de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos