Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reclaman un semáforo na travesía de Meicende, en Arteixo, para evitar os accidentes

Reclaman un semáforo na travesía de Meicende, en Arteixo, para evitar os accidentes

Denuncian que o semáforo temporal que instalaron en decembro non permite ver con claridade

G24.gal 31/03/2026 14:09

Un semáforo ancorado no chan a finais de decembro de xeito temporal está a causar malestar na localidade arteixá de Meicende.

"Houbo un accidente e un bus levou o semáforo por diante". "Fixeron aí un amaño, pero nunca máis se lembraron de vir".

Desde daquela pasaron máis de tres meses e, segundo a veciñanza, foi cando comezaron os problemas neste punto da travesía.

"Non se ve o semáforo". "Se para aí o bus, os coches adiantan e baten cos que veñen de fronte". "Hai accidentes seguido".

O último, hai dous días.

"O domingo houbo aí un accidente". "Que poñan o semáforo canto antes porque ese é moi baixo e dá problemas porque non se ve".

Pero quéixanse tamén do estado en que se atopa a calzada.

"Por aquí pasan moitos camións e hai moitas fochancas". "Non amañan como deberan. Poñen parches e así está todo". "E tiñan que pintar os pasos de peóns porque non se ven".

Melloras viarias, din, que evitarían posibles accidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos