Obrador chega do Real Madrid para apuntalar o lateral esquerdo do Deportivo
O defensa de 20 anos estivo realizando a pretemporada co equipo de Ancelotti

O Deportivo continúa esgotando o mercado de fichaxes. A nove días de que se pechen as contratacións apuntala o lateral esquerdo coa promesa do Real Madrid Rafael Obrador (24-2-2004). O xogador estivo ás ordes de Ancelotti facendo a pretemporada co primeiro equipo e foi un dos habituais do Real Madrid Castela nas dúas últimas campañas.
Benvido, Obrador! 💙
— RC Deportivo (@RCDeportivo) August 21, 2024
ℹ️ https://t.co/BIGyt533yA pic.twitter.com/uGXvM9mV6Q
Nacido en Mallorca e de pai futbolista, Obrador foi captado polo Real Madrid cando tiña 16 anos gañándolle a partida ao Barcelona. O xogador manicho era unha das grandes promesas do fútbol español. Escalou nas categorías inferiores do club branco pero fáltalle dar o gran salto ao fútbol profesional. O Real Madrid prefire foguealo na Segunda División e agarda que o club coruñés sexa un bo destino para que siga mellorando as súas prestacións.