Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rafael Louzán "Galicia ten moitas opcións de ser a sede da fase final da Copa do Rei xuvenil"

Rafael Louzán "Galicia ten moitas opcións de ser a sede da fase final da Copa do Rei xuvenil"

O presidente da Federación Galega confirma que mañá se coñecerá o lugar de celebración da final a catro

G24.gal 03/04/2022 15:34

Durante a celebración dos encontros entre Galicia e Estremadura sub 15 e sub 17 na categoría feminina, o presidente do ente federativo galego conversou co Galicia en Goles para avanzar varias novas de interese para o noso fútbol. En primeiro lugar quixo felicitarse pola clasificación de ambos combinados para a fase final.

"É un éxito rotundo do noso fútbol feminino. Temos que estar orgullosos e moi agradecidos a Arteixo e Pastoriza por esta instalación e a colaboración para celebrar este evento. Houbo moito público, moitas nenas e escolas do concello. Non se pode pedir máis"

 

Entre outras moitos titulares dentro da actualidade do fútbol galego, o presidente Rafael Louzán deixou un que interesa ao Celta e ao seu conxunto xuvenil.

"Galicia opta a ser a sede da final a catro da Copa do rei xuvenil na que están Betis, Espanyol, Real Madrid e Celta. É un gran evento que xa desfrutamos hai uns anos.  Saberémolo nas vindeiras horas, mañá luns. Hai moitas posibilidades presentando un proxecto, unha alternativa viable para Semana Santa"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade