Cargando resultados...
Rafa Benítez: "O balance é positivo, levamos tres partidos sen perder"
O adestrador considera que "faltou precisión" para facerlle dano ao Raio
Apostou por Larsen e Douvikas de inicio, "e a entrada de Aspas para cando caese un pouco o partido"
G24.gal
11/12/2023 23:30
Rafa Benítez facía valoración do empate sen goles ante o Raio Vallecano, o terceiro consecutivo do Celta na Liga.
"O balance ten que ser positivo. Levamos tres partidos sen perder e a vitoria na Copa".
"Podemos facer dano a calquera equipo, pero hoxe faltou precisión".
"Saímos con Larsen e Tasos pensando en Iago para cando caese un pouco o partido".
Desde a súa experiencia, Benítez dixo cal tiña que ser a receita para saír do pozo, e iso pasa por "manter a calma, analizar moi ben o que pasa e tomar decisións sen facer cousas estrañas".