Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rafa Benítez: "É un partido moi importante, pero aínda quedan 12 máis"

Rafa Benítez: "É un partido moi importante, pero aínda quedan 12 máis"

O técnico do Celta compadeceu ante o medios restándolle importancia ao encontro e poñendo a presión no rival

Asegurou que todos están metidos e que necesitan estar tensionados

G24.gal 24/02/2024 10:53

O Celta pódese estar xogando o seu futuro nestas dúas semanas. Visitan o Cádiz e reciben o Almería, rivais directos na loita pola permanencia. De gañar, abrirán unha fenda cos seus rivais e deixaríanos moi tocados a nivel mental. De perder, a lea pode ser moi grande. Aínda así, Benítez quere quitarlle importancia ao partido

"Aínda quedan 12 máis. Temos que seguir traballando gañemos, empatemos ou perdamos".

Para conseguir os puntos, é fundamental que os vigueses solucionen os erros que lle veñen lastrando. Desde o comezo da tempada, o equipo encaixa moitos goles no treito final, 12 para ser exacto. Inda así, non é un dato que lle preocupe ao adestrador

"Estamos nunhas cifras que é normal na Liga (...) Non vexo un síntoma distinto aos doutros equipos".

Benítez non quere poñerlle a presión en riba aos seus xogadores. Escúdase no que resta de tempada e pide unidade para que o proxecto sega medrando. Pon o foco no rival, para eles si é unha final.

"Se nós estamos dándolle voltas de se 'oe, isto...' imaxínate eles".

Inda así, cre que a tensión é necesaria para os seus xogadores. Necesitan ese puntiño para competir e sacar unha boa versión. 

"Temos que ir con tensión. Ir con esa convicción de que o imos sacar adiante".

Aspas está volvendo a ser determinante nas últimas xornadas. A pesar das suplencias, revolucionou o encontro ante o Xetafe e anotou ante o Barcelona. Conseguíu unha cifra récord: 200 goles.

"Esperemos que poida chegar aos 215".

Tamén hai malas novas. Dotor non evoluciona como se esperaba e poder chegar a pasar por quirófano debido a súa pubalxia. Lesión que xa arrastraba cando chegou a Vigo no verán.

"Véxoo como unha solución que un problema porque agora mesmo, nas condicións en que está, non pode achegar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos